Hoxe estivemos traballando e vendo na pizarra o conto de Lúa, que fai unha representación de como é o camiño que Lúa fai andando para ir a súa escola. Como podedes ver tamén está representado a través de pictogramas.
Aquí tendes o enlace do conto, por se vos interesa, os nenos gustoulles moito.
Conto de Lúa
Como podedes apreciar nestas imaxes, os nenos estiveron moi atentos a como utilizar o paso de peóns !!!
Tamén saímos a rúa, para facer unha practica de como se cruza un paso de peóns.
Mirade que ben o fixemos!!!
Na hora do xogo, no recanto dos coches, algúns nenos mediante o xogo simbólico, representarón o aprendido; como cruzar un paso de peóns. Pasarono xenial!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario