CEIP DE OROSO

CEIP DE OROSO
Amosando publicacións coa etiqueta Conto de lúa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Conto de lúa. Amosar todas as publicacións

xoves, 14 de abril de 2016

O conto de Lúa. Andando a escola

 
Hoxe estivemos traballando e vendo na pizarra o conto de Lúa, que fai unha representación de como é o camiño que Lúa fai andando para ir a súa escola. Como podedes ver tamén está representado a través de pictogramas.

Aquí tendes o enlace do conto, por se vos interesa, os nenos gustoulles moito.

Conto de Lúa

Como podedes apreciar nestas imaxes, os nenos estiveron moi atentos a como utilizar o paso de peóns !!!

Mirade que ben o fixo Antón, representando a imaxe do policía local, dando paso...

  
Tamén saímos a rúa, para facer unha practica de como se cruza un paso de peóns.
Mirade que ben o fixemos!!!

Na hora do xogo, no recanto dos coches, algúns nenos mediante o xogo simbólico, representarón o aprendido; como cruzar un paso de peóns. Pasarono xenial!!!