CEIP DE OROSO

CEIP DE OROSO

luns, 25 de abril de 2016

venres, 22 de abril de 2016

xoves, 21 de abril de 2016

Camiños escolares

Dende a DGT promoven os camiños escolares
tes toda información se fas click na imaxe.
XA ESTAMOS NA FASE 4!!!
ANÍMATE A PARTICIPAR NO NOSO CAMIÑO ESCOLAR:
CARAOCOLE

mércores, 20 de abril de 2016

Caraocole na Prensa

O noso proxecto de Caraocole aparece na prensa, foi todo un éxito. Moitas grazas a todos/as os que participades.

martes, 19 de abril de 2016

Caraocole: primeiro día

Máis de 40 nenos e nenas inauguran este programa no día de hoxe, aínda que a climatoloxía non axudou. Moitas grazas a familias, Policía Local, Protección Civil e membros da corporación municipal. Esperamos que o programa medre pouco a pouco e que sexamos quen de conseguir unha organización que permita lograr os obxectivos propostos.

Caracole e a ANPA CARBOEIRO

A ANPA CARBOEIRO estivo dende o primeiro día traballando con nós para que todo funcionase. A súa directiva estivo implicada. E grazas a eles todo funcionou.
Moitas grazas pola vosa difusión e colaboración.
https://www.facebook.com/anpacarboeiroceiporoso/

Caracole e o Concello de Oroso

Xa sabedes que CARAOCOLE é una iniciativa do noso centro, pero non podería funcionar sen a colaboración e organización do Concello de Oroso. Entre outras, encargarónse de colocar os carteis nas rúas, e repartir os chalecos identificativos.
Máis información se fas click aquí.


xoves, 14 de abril de 2016

O conto de Lúa. Andando a escola

 
Hoxe estivemos traballando e vendo na pizarra o conto de Lúa, que fai unha representación de como é o camiño que Lúa fai andando para ir a súa escola. Como podedes ver tamén está representado a través de pictogramas.

Aquí tendes o enlace do conto, por se vos interesa, os nenos gustoulles moito.

Conto de Lúa

Como podedes apreciar nestas imaxes, os nenos estiveron moi atentos a como utilizar o paso de peóns !!!

Mirade que ben o fixo Antón, representando a imaxe do policía local, dando paso...

  
Tamén saímos a rúa, para facer unha practica de como se cruza un paso de peóns.
Mirade que ben o fixemos!!!

Na hora do xogo, no recanto dos coches, algúns nenos mediante o xogo simbólico, representarón o aprendido; como cruzar un paso de peóns. Pasarono xenial!!! 

mércores, 13 de abril de 2016

luns, 4 de abril de 2016

Presentación do Programa CARAOCOLE

Hoxe tivo lugar a reunión de presentación do programa Caraocole. Moitas grazas aos presentes e os Concelleiros de Ensino e Mobilidade, membros da ANPA e da Policia Local. Se alguén quere colaborar como voluntario/a, especialmente na posta en marcha do programa, que se poña en contacto coa ANPA Carboeiro ou co centro (ben por correo electrónico ou por calquera outro medio). O día 15 comezará o programa. Esperamos sexa recibido por todos/as con ilusión e que supoña unha mellora na educación viaria dos máis novos da nosa comunidade
 

Baixando do coche

Como debemos baixar do coche?
Temos que tentar facelo ben.

venres, 1 de abril de 2016

Sinais de tráfico cerca do cole

Aproveitando o bo tempo, os/as alumnos/as de aula de 5º de Educación Infantil saímos do cole para ver os sinais de tráfico que están nos arredores do centro.