Hoxe tivo lugar a reunión de presentación do programa Caraocole. Moitas grazas aos presentes e os Concelleiros de Ensino e Mobilidade, membros da ANPA e da Policia Local. Se alguén quere colaborar como voluntario/a, especialmente na posta en marcha do programa, que se poña en contacto coa ANPA Carboeiro ou co centro (ben por correo electrónico ou por calquera outro medio). O día 15 comezará o programa. Esperamos sexa recibido por todos/as con ilusión e que supoña unha mellora na educación viaria dos máis novos da nosa comunidade
Ningún comentario:
Publicar un comentario