CEIP DE OROSO

CEIP DE OROSO

mércores, 30 de marzo de 2016

Caraocole

Hoxe os nenos/as do CEIP do Camiño Inglés, levan para casa a primeira circular na que se vos ofrece a posibilidade de vir ao cole camiñando acompañados dos vosos/as compañeiros.
O 4 de abril temos unha cita para falar de CARAOCOLE.


luns, 28 de marzo de 2016

Os bolechas van en bicicleta


O noso cole cambia de nome: CEIP DO CAMIÑO INGLÉS

Publicado no DOG o cambio de denominación do centro, pasando a chamarse CEIP do Camiño Inglés. Esperamos que este cambio sirva para dotar de identidade a esta comunidade. Moitas grazas a todos/as os que o fixeron posible.
As íque temos nova 
- dirección de correo electrónico: ceip.caminho.ingles@edu.xunta.es
- páxina web: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipcaminhoingles
Búscanos en facebook: CEIP do Camiño Inglés

Ir en bicicleta

Sabedes como debemos ir en bicicleta?


mércores, 16 de marzo de 2016

Os peóns

Cando imos camiñando pola rúa convertímonos en peóns, que vos parece se aprendemos esta canción?

sábado, 12 de marzo de 2016

Os sinais da rúa



Os nenos e nenas de 6º fomos o 8 de marzo, día Internacional da Muller, ao centro cultural Casas Novoa de Sigüeiro a un contacontos. Aproveitamos a saída para localizar os sinais que xa tiñamos visto na aula. Atopamos moitos e algúns descoñecidos. Haberá que seguir estudando!

















venres, 11 de marzo de 2016

Divertímonos cos sinais

A través da Fundación Mapfre atopamos diferentes xogos!

Podes colorear as sinais aqui:


Repasamos!



Pulsando nestas imaxes poderás divertirte xogando cos sinais!


http://ninosyseguridadvial.com/juegos/el-juego-de-las-senales/

Na páxina da DXT podemos inventar e crear os nosos propios sinais:

http://www.dgt.es/PEVI/caminando/inventando/inventando_play.html

Aquí temos outro xogo didáctico para repasar:


http://ntic.educacion.es/w3//recursos/infantil/transversales/conoces_senales/index.html


xoves, 10 de marzo de 2016

Xogamos cos sinais

Hoxe xogamos cos diferentes sinais de tráfico no recuncho das construccións!



Construimo unha carretera para os nosos coches.


Preparamos os sinais.

Poñémolos no lugar que consideramos axeitado.

 






Xa temos todo preparado. A xogar!





mércores, 9 de marzo de 2016

Analizamos os sinais!

Esta semana os nenos e nenas de 4º de infantil B estamos analizando os sinais de tráfico. Descubrimos que segundo a súa forma teñen un significado!

 

Organizámolas e clasificámolas segundo a súa forma e cor.



Aprendemos que, polo xeral, os sinais redondos e de cor vermella indican prohibición.


Os triangulares precaución.

 
 














 
E os de froma cadrada ou rectangular dan información.



Ademáis os que teñen frechas indican obrigación.

Repasamos con esta canción que nos gustou moito!




luns, 7 de marzo de 2016

Os sinais de tráfico

Coñecemos un montón de sinais de tráfico pero nunca está de máis repasar un pouquiño. Esta semana ímolo facer.

venres, 4 de marzo de 2016

Os axentes de tráfico

Na aula de 5 anos estivemos investigando sobre as tarefas dos axentes de tráfico. Como podedes ver fan moitas tarefas: dirixen o tráfico, poñen multas, axudan cando hai un choque, avisan dos perigos na rúa, paran os coches e camións para que pasen os peóns.

 Estivemos facendo algunhas das súas tarefas. Gustounos moito ser AXENTES DE TRÁFICO!!!