fai clic na imaxe e terás acceso.
Este blog xurde coa necesidade de facer ver o traballo que estamos facendo dentro do Programa: "Mobilidade Sostible e Segura" no CEIP DE OROSO.
CEIP DE OROSO
luns, 25 de abril de 2016
venres, 22 de abril de 2016
xoves, 21 de abril de 2016
Camiños escolares
Dende a DGT promoven os camiños escolares
tes toda información se fas click na imaxe.
tes toda información se fas click na imaxe.
XA ESTAMOS NA FASE 4!!!
ANÍMATE A PARTICIPAR NO NOSO CAMIÑO ESCOLAR:
CARAOCOLE
mércores, 20 de abril de 2016
Caraocole na Prensa
O noso proxecto de Caraocole aparece na prensa, foi todo un éxito. Moitas grazas a todos/as os que participades.
martes, 19 de abril de 2016
Caraocole: primeiro día
Máis de 40 nenos e nenas inauguran este programa no día de hoxe, aínda que a climatoloxía non axudou. Moitas grazas a familias, Policía Local, Protección Civil e membros da corporación municipal. Esperamos que o programa medre pouco a pouco e que sexamos quen de conseguir unha organización que permita lograr os obxectivos propostos.
Caracole e a ANPA CARBOEIRO
A ANPA CARBOEIRO estivo dende o primeiro día traballando con nós para que todo funcionase. A súa directiva estivo implicada. E grazas a eles todo funcionou.
Moitas grazas pola vosa difusión e colaboración.
Moitas grazas pola vosa difusión e colaboración.
Caracole e o Concello de Oroso
Xa sabedes que CARAOCOLE é una iniciativa do noso centro, pero non podería funcionar sen a colaboración e organización do Concello de Oroso. Entre outras, encargarónse de colocar os carteis nas rúas, e repartir os chalecos identificativos.
Máis información se fas click aquí.xoves, 14 de abril de 2016
O conto de Lúa. Andando a escola
Hoxe estivemos traballando e vendo na pizarra o conto de Lúa, que fai unha representación de como é o camiño que Lúa fai andando para ir a súa escola. Como podedes ver tamén está representado a través de pictogramas.
Aquí tendes o enlace do conto, por se vos interesa, os nenos gustoulles moito.
Conto de Lúa
Como podedes apreciar nestas imaxes, os nenos estiveron moi atentos a como utilizar o paso de peóns !!!
Tamén saímos a rúa, para facer unha practica de como se cruza un paso de peóns.
Mirade que ben o fixemos!!!
Na hora do xogo, no recanto dos coches, algúns nenos mediante o xogo simbólico, representarón o aprendido; como cruzar un paso de peóns. Pasarono xenial!!!
mércores, 13 de abril de 2016
martes, 5 de abril de 2016
luns, 4 de abril de 2016
Presentación do Programa CARAOCOLE
Hoxe tivo lugar a reunión de presentación do programa Caraocole. Moitas grazas aos presentes e os Concelleiros de Ensino e Mobilidade, membros da ANPA e da Policia Local. Se alguén quere colaborar como voluntario/a, especialmente na posta en marcha do programa, que se poña en contacto coa ANPA Carboeiro ou co centro (ben por correo electrónico ou por calquera outro medio). O día 15 comezará o programa. Esperamos sexa recibido por todos/as con ilusión e que supoña unha mellora na educación viaria dos máis novos da nosa comunidade
venres, 1 de abril de 2016
Sinais de tráfico cerca do cole
Aproveitando o bo tempo, os/as alumnos/as de aula de 5º de Educación Infantil saímos do cole para ver os sinais de tráfico que están nos arredores do centro.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)