CEIP DE OROSO

CEIP DE OROSO

mércores, 22 de febreiro de 2017

Saída a Castrosúa

 
O día 22/02/17 aproveitando que estamos a traballar os medios de transporte na aula, os nenos/as das dúas aulas de 5º infantil fixemos unha excursión conxunta, na que visitamos CASTROSÚA, que é unha carrocera de autobuses galega situada en Santiago de Compostela.



Aos nenos gustoulles moito. Aquí vos deixamos algunas fotos:


 

Saída a DivierTTPark

Aproveitando que estamos a traballar dentro da aula os medios de transporte, o día 22/02/17 os nenos/as das dúas aulas de 5º infantil, fomos de excursión a DIVIERTTPARK, parque de ocio e aventura, en Santiago de Compostela.

O interés da nosa visita era sobre todo, a parte de pásalo ben, poñer en práctica o traballo realizado dentro da aula, a través do "circuito de cars" do que dispón dita empresa.
Aproveitamos tamén para quitar un pouco de medo as alturas, facendo "Tirolina"

 Deixamosvos algunhas imaxes para ver o ben que o pasaron.



Foi unha saida divertidísima.

martes, 7 de febreiro de 2017

REPASAMOS OS SINAIS DE TRÁFICO

Este curso solicitamos ao igual que o pasado entrar no programa de mobilidade sostible e segura, e concedéronolo.
No curso de 6º de Educación Infantil comezamos repasando os sinais de tráfico:
Repasan formas, cores e significados:

 
Cada neno/a escolle un sinal que coloca no soporte axeitado e intenta explicar o seu significado.

luns, 25 de abril de 2016

venres, 22 de abril de 2016

xoves, 21 de abril de 2016

Camiños escolares

Dende a DGT promoven os camiños escolares
tes toda información se fas click na imaxe.
XA ESTAMOS NA FASE 4!!!
ANÍMATE A PARTICIPAR NO NOSO CAMIÑO ESCOLAR:
CARAOCOLE